A estandarización é un proceso tanto sociopolítico e cultural como propiamente lingüístico, e constitúe unha cuestión central na política e a planificación lingüísticas. O lingüista Otto Jespersen referiuse ao xurdimento das linguas estándar como «o fenómeno máis importante na evolución da lingua en tempos históricos». Talvez por iso, a estandarización é tamén un dos fenómenos sociolingüísticos máis discutidos, comezando polo significado do propio termo e a valoración dos seus efectos, e incluíndo os debates arredor da súa natureza e alcance. É así que nas últimas décadas os estudos estandarolóxicos experimentaron unha expansión exponencial, unha diversificación extraordinaria e unha renova-ción impresionante.Este volume recolle un feixe de traballos que teñen a súa orixe nos relatorios presentados no Simposio «Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas», organizado polo Instituto da Lingua Galega en 2021, coa colaboración do grupo de pesquisa que puxo en marcha o proxecto ESTANDAREV [La estandarización lingüística revisitada: mediatización, vernaculari-zación e ideologías lingüísticas en la España contemporánea]. As linguas estudadas son: o galego, o portugués europeo e brasileiro, o catalán, o éuscaro e, colateralmente, o castelán. Os traballos que se recollen no volume ofrecen un estado da cuestión da estandarización, os seus problemas e as súas perspectivas, ofrecen olladas novidosas sobre os estándares e os procesos de estandarización e sinalan novas vías de investigación.
| Título | estandarización das linguas na Península Ibérica, A : procesos, problemas e novos horizontes |
| Edición |
Henrique Monteagudo |
| Estudo |
Carla Amorós-Negre Miren Azkarate Marcos Bagno Joan Costa-Carreras Eduardo Maragoto Sanches Henrique Monteagudo Miquel Àngel Pradilla Cardona Xosé Luís Regueira Fernando Venâncio |
| Limiar |
Henrique Monteagudo |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2024 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 322 p.: map; 24 cm. |
| Notas | Esta publicación é parte do Proxecto PID2021-124673NA-I00 financiado por MICIN/AEI/10.13039/501100011033/ e por FEDER Una manera de hacer Europa Consello científico da colección (Serie Lingüística): Ana Maria Barros de Brito (Universidade do Porto) Dante Lucchesi (Universidade Federal da Bahia) Josefa Dorta Luis (Universidad de La Laguna) Maria-Pilar Perea i Sabater (Universitat de Barcelona) Pedro Sánchez-Prieto Borja (Universidad de Alcalá) |
| ISBN | 978-84-17802-62-2 |
| Depósito Legal | C 274-2024 |
| DOI | 10.17075/elpi.2024 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Ensaio & Investigación |
| Evento |
Presentación. A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes. //. . Facultade de Filoloxía da USC. Santiago de Compostela |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|












