Este informe pretende dar continuidade ao compromiso do Consello da Cultura Galega coa cultura científica. O traballo consiste nunha explotación específica e descrición dos resultados principais da Encuesta sobre Percepción Social de la Ciencia y la Tecnología (EPSCT) para Galicia que elabora cada dous anos a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). En conxunto, o documento aborda contidos moi diversos que percorren este campo a través de diferentes ángulos de estudo, dende a imaxe social da ciencia, da tecnoloxía e da profesión científica, ata o cambio climático e a ciencia, a percepción da intelixencia artificial e a robótica ou a confianza cidadá na ciencia, etc.
[Data da nota de prensa: maio 2024]
| Título | Percepción social da ciencia e da tecnoloxía en Galicia |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2024 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 87 p.: gráf. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel |
| DOI | 10.17075/psctg.2024 |
| Evento |
Publicación. Percepción social da ciencia e da tecnoloxía en Galicia. Documento de traballo //. . Consellodacultura.gal |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Mellora a percepción social da ciencia en Galicia segundo o Observatorio da Cultura Galega [Data da nota: 30/5/2024].











