A exposición Os adeuses é un documento en imaxes dun feito histórico relativamente recente: o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo e o posterior regreso a Galicia. Porén esta mostra é moito máis que unha reportaxe gráfica.
Obedecendo á vocación fotográfico-artística e ao bo facer de Alberto Martí hoxe podemos gozar dunha faceta posiblemente menos coñecida do autor: a de retratista de historias humanas.
Cada unha das fotografías que conforman esta exposición reborda emoción, sentimento, frescura e naturalidade. O sentir destes protagonistas anónimos traspasa as súas expresións e xestos. E o que narran as fotos ábrelle espazos á nosa receptividade e activa as referencias da nosa contorna.

| Título | adeuses, Os Fotografías de Alberto Martí� |
| Fotografía |
Alberto Martí |
| Coordinación |
Begoña Combo Begoña Tajes |
| Presentación |
Alfonso Cabaleiro Ramón Villares |
| Textos |
Pilar Cagiao José Caruncho María Teresa García Domínguez |
| Publicación | Santiago de Compostela; A Coruña: Consello da Cultura Galega; Centro Galego de Artes da Imaxe, 2010 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 148 p. : principalmente il. ; 25 cm. |
| Notas | Texto en galego, castelán e inglés. Publicada unha 2ª edición, 2011 |
| ISBN | 978-84-92923-04-5 |
| Depósito Legal | C 2301-2010 |
| CCG. Signatura | CCG 2010 384 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Evento |
Exposición. Os Adeuses Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí.. //. Multiusos da Xunqueira. Redondela Mesa redonda. Mesa redonda: Galician Culture: Past, Present, Future. //. City University of New York. Nova York Mesa redonda. Mesa redonda: Historical Memory in present-day Galicia. //. Instituto Cervantes. Nova York Mesa redonda. Os Adeuses en Nova York Mesa redonda: Spanish Galician Immigration . //. Columbia University. Nova York Mesa redonda. Os Adeuses en Nova York Mesa redonda: Galician Immigration in New York. History and Memory. //. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)