Este catálogo dá conta e fai accesible o arquivo paciente e concienciudamente reunido por monseñor José Guerra Campos (Ames-A Coruña, 1920–Barcelona, 1997), destacado estudoso de moi diversos temas e, particularmente, de todo o relacionado coa historia compostelá, o Camiño de Santiago e a devoción ao Apóstolo.
Monseñor Guerra Campos, autor de numerosas publicacións nacidas dos seus traballos ao abeiro das escavacións no subsolo da Catedral de Santiago e tamén noutras moitas fontes, aparece aquí como un investigador eficiente e laborioso.
Cando estamos preto do Ano Xubilar Compostelán de 2010, esta publicación vén enriquecer o patrimonio relacionado coa importante dimensión histórica
e relixiosa do fenómeno xacobeo e pon a disposición dos investigadores novas posibilidades de estudo, coñecemento e contraste.

| Título | Catálogo da colección Guerra Campos do arquivo-biblioteca da catedral de Santiago de Compostela |
| Autoría |
María Elena Novás |
| Presentación |
José María Díaz Fernández Ramón Villares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 118 p. ; 24 cm. |
| ISBN | 978-84-96530-78-2 |
| Depósito Legal | VG 1651-2008 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Fontes para a Historia de Galicia; Núm:8 |
| Materias | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)