Este informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega presenta os principais indicadores relacionados coa sociedade da información, así como a evolución das tecnoloxías da información e a comunicación en Galicia.
O estudo divídese en tres partes. Na primeira preséntanse resultados que permiten coñecer o grao de equipamento de produtos TIC nos fogares galegos (televisión, telefonía fixa e móbil ou equipamento informático) e o nivel de uso do ordenador, de Internet ou do comercio electrónico. Na segunda parte, a través da enquisa Navegantes en la Red, feita pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), o informe aborda cuestións relacionadas co perfil dos internautas galegos e a evolución dos seus hábitos na utilización de Internet. A última parte describe a situación das novas tecnoloxías nos centros educativos.

[Data de comunicación: maio 2019]
Título | Tecnoloxías da información e a comunicación |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 30 p.: gráf., cor (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
DOI | Carece |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
Os colexios públicos galegos encabezan o uso de Entornos Virtuais de Aprendizaxe segundo o Observatorio da Cultura Galega [Data da comunicación: 29/5/2019].