A UNESCO declarou 2019 como Ano Internacional da Táboa Periódica para conmemorar o 150 aniversario da publicación, por Dmitri Mendeleev, dunha táboa periódica que permitía ordenar os elementos químicos ata entón coñecidos. Ao fío desta efeméride, a Real Academia Galega de Ciencias elixiu como figura do Día da Ciencia en Galicia outro químico, Tomás Batuecas, polas súas contribucións no campo das masas atómicas.
Con tal motivo, o Consello da Cultura Galega presenta, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Real Academia Galega de Ciencias, esta unidade didáctica coa que pretende, no camiño do seu compromiso en prol da divulgación dunha cultura científica galega en galego, dar a coñecer a quen foi o gran creador da química física no noso país. A publicación recolle de xeito ameno e con rigor científico as achegas que Tomás Batuecas fixo desde Galicia á ciencia. En principio, non se encadra o seu uso en ningunha etapa en particular do ensino non universitario e pódense levar a cabo varias das actividades propostas na educación infantil, na primaria ou na secundaria, en función da orientación e profundidade que se lles queira dar.
Titulo químico e a medida, O
Subtítulo Tomás Batuecas Marugán . Creador da química física en Galicia.
Autoría Manuel R. Bermejo Patiño
Ramón Cid Manzano
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 91 p.: il., cor; 21 cm
Notas Publicado con motivo do Día da Ciencia en Galicia 2019
ISBN. Ed. papel 978-84-17802-07-3
Depósito Legal. Ed. papel C 1815-2019
ISBN. Ed. pdf 978-84-17802-07-3
Depósito Legal. Ed. pdf C 1815-2019
Materias
Código QR