Esta publicación pretende achegarse ao fenómeno da creación audiovisual desde a vertente económica e cultural e coñecer e valorar as necesidades culturais do pobo galego no ámbito das artes visuais.

Cómpre subliñar que o Libro Branco de Cinematografía e Artes Visuais parte sempre dunha reflexión persoal dos autores sobre os fenómenos audiovisuais en e desde Galicia. Resulta importante salientar este feito, xa que durante o longo tempo que pasou dende que se propuxo a súa redacción (2001) foron aparecendo moitos e bos estudos e análises sobre o audiovisual galego, entre os que destacamos os que xurdiron do propio Consello, a través da súa Sección de Comunicación. O que agora presenta a Comisión Técnica de Cinematografía e Artes Audiovisuais, da Sección de Artes Plásticas, é unha reflexión desde a historia do cinema en Galicia e dos seus profesionais que procura centrarse na importancia do sector audiovisual para a creación da nosa identidade e o mantemento do noso patrimonio cultural.
Título Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia
Autoría Pepe Coira Nieto
Miguel Anxo Fernández Fernández
Xosé María Folgar de la Calle
Xosé Nogueira Otero
Jaime Pena
Isabel Sempere Serrano
Raúl Veiga Rouríz
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Artes Plásticas, 2004
Edición 1ª edición
Descrición física 347 p. ; 22 cm.
ISBN 84-95415-96-8
Depósito Legal C 2729-2004
CCG. Signatura CCG 2004 263
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección Base
Materias
Áreas
Código QR
qr code