Informe do Consello da Cultura Galega emitido en resposta á solicitude achegada o 15 de decembro de 2020 por parte de representantes das asociacións UMIAVIVO, Colectivo pola defensa do territorio ANOVATERRA, asociación Irmandade ILLA DE TAMBO e Colectivo pola defensa do Patrimonio AFORNEIRIÑA na que demandaban o posicionamento do Consello da Cultura Galega (CCG) en relación coa denuncia pública e ante os organismos con competencias na xestión e defensa do patrimonio cultural verbo das intervencións realizadas sobre tres castros da provincia de Pontevedra: Castro de Toiriz (Silleda), Castro da Subidá (Marín) e Castro de Alobre (Vilagarcía de Arousa) e sobre a intención de desenvolver actuacións semellantes noutros 15 castros da provincia.
Título | Informe sobre as intervencións levadas a cabo no proxecto TRAZAS de Pontevedra |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 43 p.: il., cor (Edición dixital) |
DOI | 10.17075/isilcptp.2021 |
Materias | |
Código QR |
|