Este traballo ten como obxecto de estudo a presenza da lingua galega nos medios de comunicación de Galicia e da diáspora galega. No ano 2000 o Consello da Cultura Galega decidiu abordar un proxecto de avaliación das políticas lingüísticas galegas durante o período autonómico, dirixido por Henrique Monteagudo e o recentemente desaparecido Xan Bouzada. Daquela frutífera colaboración xurdiron tres volumes dentro do que se deu en chamar O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). O presente traballo completa as publicacións do proxecto, aínda que o período estudado é máis amplo. Os resultados pretenden introducir claridade nun espazo que foi tradicionalmente moi polémico para a militancia lingüística, os responsables políticos, así como para os produtores, editores, profesionais e, en xeral, para todo os actores do ámbito.
| Título | Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia |
| Autoría |
Anxo M. Lorenzo Suárez Fernando Ramallo Håkan Casares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 300 p. : graf. ; 23 cm. |
| ISBN | 978-84-96530-52-2 |
| Depósito Legal | C 4734-2008 |
| CCG. Signatura | CCG 2008 342 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Base |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








