As oportunidades que ofrece a cultura para o desenvolvemento económico reciben unha atención crecente, xa que cada vez se impulsan máis programas e medidas que permitan o que se dá en chamar un cambio no modelo produtivo e preparar a transición cara a unha economía dinámica e baseada no coñecemento. O papel das industrias culturais neste cambio de modelo incide na capacidade do conxunto de actividades económicas que desenvolven para impulsar o intercambio e difusión de coñecemento, constituíndo nichos de creatividade.
A evolución dos principais indicadores económicos da cultura produtiva en Galicia semella positiva. No futuro será de grande interese observar ata que punto este sistema produtivo desenvolve as capacidades que detectamos. O marco da crise económica global, que determinará ata que punto é posible unha aposta polo coñecemento como xerador de riqueza, será o banco de probas para un conxunto de actividades que constitúen unha das realidades empresariais máis prometedoras de Galicia.

| Título | sistema produtivo da cultura en Galicia, unha visión económica, O |
| Coordinación |
Håkan Casares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2010 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 104 p. : gráf. ; 28 cm. |
| ISBN | 978-84-92923-03-8 |
| Depósito Legal | C 2541-2010 |
| CCG. Signatura | CCG 2010 388 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | documentos & informes; Núm:13 |
| Evento |
Presentación. O sistema produtivo da cultura en Galicia. //. Zona Franca de Vigo. Vigo |
| Materias | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)