O presente traballo dá conta dos resultados dun estudo realizado en Galicia nos meses de xullo e agosto de 2019 sobre as competencias lingüísticas da poboación galega en idiomas estranxeiros en xeral e o portugués en particular, así como as actitudes cara a esta lingua e o interese que pode existir en aprender un novo idioma. O estudo tamén ofrece unha análise comparada do coñecemento do portugués e o doutras linguas estranxeiras entre a poboación de Galicia, así como da importancia e utilidade que se lles atribúe a unhas e a outras, as motivacións para interesarse por elas, as canles que se empregaron para coñecelas, o nivel que se adquiriu no seu dominio ou os ámbitos en que se empregan.
[Data de comunicación: maio 2022]
Título | valor do portugués en Galicia, O : competencia plurilingüe, utilidade e actitudes |
Coordinación |
Håkan Casares |
Equipo técnico |
Purificación Carballo María Concepción Díaz-Fierros |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 142 p. : gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
DOI | 10.17075/dt.vpg.2020 |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
Rutas de peregrinaxe de Europa e Xapón [Data da comunicación: 20/5/2022].