A crise sanitaria está a afectar de forma xeneralizada a todos os sectores sociais e económicos en Galicia. O Consello da Cultura Galega analizou os efectos que está a ter no ámbito cultural dende o comezo da aplicación das primeiras restricións. Os diferentes informes publicados dende marzo de 2020 indican un tecido produtivo especialmente vulnerable, sobre todo nas actividades relacionadas cos espectáculos, unha contracción do consumo da maioría de produtos culturais e unha situación laboral incerta para os traballadores e traballadoras da cultura.
Neste informe, o Observatorio da Cultura Galega analiza o impacto dos programas de recuperación en Galicia, España e Europa. Ofrécese tamén unha diagnose da situación global e das repercusións a nivel europeo, estatal e autonómico. Descríbese a situación actual coas principais medidas aplicadas, así como as recomendacións de expertos e organismos galegos, españois, europeos e de ámbito global, con especial énfase naquelas relativas á cultura, pero sen esquecer todas as medidas sistémicas que tamén afectarán dun xeito ou doutro ao ámbito cultural.

[Data de comunicación: maio 2021]
Título | Achegas e propostas para a aplicación dos programas de estímulo no sector cultural |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 62 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Materias | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
O Consello da Cultura Galega recomenda incrementar o gasto en cultura e fomentar o apoio a autónomos e microempresas [Data da comunicación: 11/5/2021].