Entidade: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa [9]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Un trisco de Galicia en Lisboa |
Ver
Transcripción da Un trisco de Galicia en LisboaO conxunto coral e artístico denominado Anaquiños da Terra foi creado en 1955, formado por un grupo de rapaces e rapazas entusiastas e amantes da música e do baile tradicional galego. Foi a primeira agrupación coral galega existente en Portugal. As súas representacións musicais atenden a unha reafirmación da identidade cultural da colectividade galega residente en Lisboa.
|
|
| 1908-12-00 | Carné de socio número 1, 1908 |
Ver
Transcripción da Carné de socio número 1, 1908 en 00/12/1908Ramiro Vidal Carrera foi un dos principais promotores da nova entidade, tal como aparece publicado na prensa do momento, e tiña o orgullo de ser o seu socio número 1. En palabras do propio Ramiro publicadas en La Voz de Breogán (decembro 1958, nº 8), «tratamos de formar ambiente adecuado para llevar a feliz término la fundación de un Centro en que pudiéramos recordar la amada terriña, levantando una bandera de cultura y amor entre todos los gallegos, cultivando la música y el canto regional y en fin, limar en lo posible, las densas aristas de orden social y cultural con que nuestros Gobiernos nos dejaban emprender el quizá provechoso, pero siempre triste camino de la emigración».
|
| 1914-05-17 | Xornada de camaradaría dos socios de Xuventude de Galicia, 17 de maio de 1914 |
Ver
Transcripción da Xornada de camaradaría dos socios de Xuventude de Galicia, 17 de maio de 1914 en 17/05/1914Na imaxe podemos ver un grupo de emigrantes galegos gozando dunha xornada de lecer nunha excursión pola contorna de Lisboa. Non esquecen os seus costumes e a música da gaita, do tambor e do tamboril axuda a que a reunión sexa do máis festiva. Unha das prioridades da entidade é acadar a solidariedade e unión entre os galegos residentes na capital portuguesa e a organización deste tipo de reunións contribuía a fomentar a amizade entre os seus membros.
|
| 1935-11-23 | Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935 |
Ver
Transcripción da Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935 en 23/11/1935Nos anos 30 a asociación estaba plenamente integrada na vida social e cultural de Lisboa. Era moi recoñecida polos propios portugueses e as súas reunións aparecían referenciadas non só na prensa da colectividade española senón tamén na nacional. Contaba con numerosos asociados, entre os que estaban os membros máis destacados da colectividade. Aínda que mantiña a súa acción solidaria cos máis necesitados, primaba a súa finalidade recreativa como medio para manter os lazos de unión de todos os emigrantes galegos que alí residían. Periodicamente organizaba festas, xantares e homenaxes a intelectuais e persoeiros destacados, tanto galegos como portugueses, como podemos ver nesta imaxe.
|
| 1956-06-13 | Representación deportiva de Xuventude de Galicia, 13 de xuño de 1956, Campo da Aliança, Campolide, Lisboa |
Ver
Transcripción da Representación deportiva de Xuventude de Galicia, 13 de xuño de 1956, Campo da Aliança, Campolide, Lisboa en 13/06/1956Esta fotografía foi tomada un día moi sinalado para os mozos galegos residentes en Lisboa. Trátase do primeiro partido oficial do Deportivo Juventud de Galicia, equipo de fútbol representante da asociación Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa. Festexaban o día de santo Antón e entre as actividades programadas atopábase o partido de fútbol contra o equipo do Instituto Espanhol de Lisboa para disputar a Taça Juventud de Galicia.
|
| 1956-07-06 | Paseo fluvial nocturno, Lisboa, 6 de xullo de 1956 |
Ver
Transcripción da Paseo fluvial nocturno, Lisboa, 6 de xullo de 1956 en 06/07/1956A bordo do vapor Lisbonense os mozos e mozas de Xuventude de Galicia pasan divertidos momentos durante o paseo fluvial organizado pola entidade. O embarque realizouse no molle da Ribeira das Naus e, nesta ocasión, o baile estivo amenizado pola orquestra Costa Rita, grupo musical asiduo na maioría das festas da colectividade galega en Lisboa.
|
| 1957-00-00 | Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 |
Ver
Transcripción da Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 en 00/00/1957A colectividade galega residente en Lisboa participou no acto de inauguración do monumento erixido polos padroneses emigrados a Uruguai en recordo a Rosalía de Castro, poeta inmortal para o pobo galego. Foi un acto moi concorrido, no que tamén estivo presente a comisión delegada de Xuventude de Galicia, xunto ás autoridades e o resto de personalidades representativas da elite cultural galega. O presidente do Centro Galego de Lisboa depositou o escudo floral ao pé do monumento da escritora, realizado polo escultor José Mateos.
|
| 1957-00-00 | Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 |
Ver
Transcripción da Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 en 00/00/1957O 18 de xuño de 1995 o socio honorario Manuel Cordo Boullosa foi homenaxeado por Xuventude de Galicia, entidade que tanto lle debe a este benfeitor. El foi o promotor e artífice da compra da actual sede social, adquirida en propiedade en 1988. É unha figura venerada por todos os socios e socias, considerada por moitos como o «patriarca» dos galegos de Lisboa. Socio número 1 benemérito e honorario, a grandeza da súa obra filantrópica sería relembrada de maneira simbólica a través dun busto de granito galego acompañado dunha placa que atribúe o seu nome ao edificio.
|
| 1958-02-01 | Celebración infantil no luns de Entroido, 1958 |
Ver
Transcripción da Celebración infantil no luns de Entroido, 1958 en 01/02/1958A organización de festas tradicionais era unha das actividades que desde os seus inicios serviron para manter a unión dos socios. O Entroido foi unha delas. Cada ano organizábanse na súa sede, durante unha semana, distintos actos en que os socios se disfrazaban, comían orellas e filloas e bailaban ao son da música tradicional. O luns estaba dedicado aos máis pequenos, as novas xeracións deses emigrantes, nacidos en Portugal pero con Galicia e os seus costumes sempre presentes.
|


