No presente libro abórdase un percorrido pola traxectoria vital e artística do compositor santiagués Luis Rafael Brage Villar (1886-1959), quen estivo vinculado á maior parte dos ámbitos musicais de Galicia durante o primeiro terzo do século XX: pianista solista e acompañante, membro de agrupacións camerísticas, director de tuna, orfeón e banda de música, dinamizador cultural e pedagogo, entre outros. Ademais, foi herdeiro dos ideais rexionalistas e un bo coñecedor dos principais discursos identitarios e intelectuais xerados ata 1936, destacando a súa relación con algúns membros das Irmandades da Fala. Pero, sen dúbida, despuntou polo seu labor como director da banda de música La Lira de Ribadavia, unha actividade que o converteu nun auténtico mito musical e que marcou a etapa central da súa vida. O libro compleméntase con dous anexos: por un lado, o catálogo máis completo posible do autor e, por outro, a recuperación de tres das súas obras para banda de música:
[Data da nota de prensa: maio 2020]
Título | Luis R. Brage Villar Obra e memoria |
Autoría |
David Ferreiro Carballo |
Limiar |
Luís Costa Vázquez |
Música. Composición |
Luis R. Brage Villar |
Obxecto de estudo |
Luis R. Brage Villar |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 349 p.: il., fot.; 24 cm.+ 1 CD |
Notas | Anexos: |
ISBN | 978-84-17802-10-3 |
Depósito Legal | C 524-2020 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Autores & textos |
Evento |
Presentación. Luis R. Brage Villar. Obra e memoria. Presentación da publicación 9/5/2022. CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO. Vigo |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|
Luis Brage foi un prolífico compositor e unha persoa polifacética. O CCG publica Luis R. Brage Villar. Obra e memoria de David Ferreiro, quen neste vídeo nos aproxima á obra dun músico de oficio que soubo adaptar e difundir a identidade musical galega. A publicación contén tres das partituras gardadas na casa de Brage en Ribadavia que abandonou en 1936, e que só se atoparon case oitenta anos despois.
Gabinete de comunicación
Luis R. Brage Villar
Obra e memoria [Data da nota: 20/5/2020].
O Consello da Cultura Galega recupera e contextualiza a figura do compositor Luis Brage [Data da nota: 20/5/2020].
O Consello da Cultura Galega presenta en Ribadavia a publicación Luis R. Brage Villar. Obra e memoria [Data da nota: 9/12/2021].
Presentada en Vigo a publicación Luis R. Brage Villar. Obra e memoria [Data da nota: 10/5/2022].