Este volume reúne as contribucións realizadas en 2020 por un grupo de estudosas e estudosos convocados polo Consello da Cultura Galega para achegaren o seu coñecemento e ollada propia, desde cadansúa perspectiva, no ciclo O mundo do porvir no bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte (1820-2020).
Ao conmemorarmos o bicentenario de Concepción Arenal Ponte reivindicamos unha figura única, galega e universal, imprescindible para comprendermos a loita polos dereitos civís e pola protección das capas máis desfavorecidas da sociedade. Unha figura singular dentro do século xix, pero moito máis excepcional pola vixencia do seu pensamento na sociedade contemporánea.
Quixemos, por tanto, traer á palestra pública do presente e do futuro o coñecemento e recoñecemento desta galega extraordinaria, universalmente estimada, nacida en Ferrol o 31 de xaneiro do ano 1820. O que esperamos é que se abra unha nova etapa en que o seu pensamento cobre unha nova vida.
Para o Consello da Cultura Galega Concepción Arenal seguirá sendo un guieiro en todo o que teña que ver cos dereitos humanos, a inclusión e a igualdade entre persoas en todos os seus sentidos.
Título mundo do porvir no bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte (1820-2020), O
Actas das mesas redondas realizadas en Ferrol, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela en outubro de 2020
Coordinación Celia Pereira Porto
María Xosé Porteiro García
Autoría Yolanda Ferreiro Novo
María Pilar García Negro
Eloy Gayán Rodríguez
África López Souto
Xosé M. Núñez Seixas
Celia Pereira Porto
Gonzalo Quintero Olivares
Ana Romero Masiá
Limiar Rosario Álvarez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022
Edición 1ª edición
Descrición física 153 p.: il; 24 cm
Notas Retrato de Concepción Arenal, óleo de gran formato atribuído a J. Martínez, localizado no Instituto de Literatura y Lingüística (A Habana). Fotografía de Violeta Ramos Valdés
ISBN 978-84-17802-48-6
Depósito Legal C 2121-2022
DOI 10.17075/mpbnca.2022
Url externa Catálogo RBG
Materias
Áreas
Código QR
qr code