Este informe artéllase en varios puntos que analizan a cuestión forestal en Galicia: a conflitividade social arredor das plantacións forestais, a cuestión forestal no contexto das políticas territoriais, os efectos dos cultivos forestais sobre a biodiversidade, o patrimonio cultural do monte, a protección dos bens patrimoniais ante da xestión forestal e o patrimonio como recurso cultural neste contexto, aspectos que aportan unha visión xeral derredor da situación do monte en Galicia e de como lle afectan os cultivos forestais de crecemento rápido. Con todo iso, recóllense unha serie de conclusións que mostran a situación galega, para intentar achegar recomendacións que eviten as afeccións deste tipo de cultivos ao patrimonio cultural e natural na comunidade galega.
[Data da nota de prensa: setembro 2023]
| Título | Informe sobre o impacto dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido no patrimonio natural e cultural de galicia |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 115 p.: cor. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel. |
| DOI | 10.17075/icfecrpncg.2023 |
| Colección | Informes |
| Evento |
Publicación. Informe sobre o impacto dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido no patrimonio natural e cultural de Galicia. //. Consello da Cultura Galega. Consellodacultura.gal |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Un informe insta a implementar mecanismos de protección perante o impacto do eucalipto [Data da nota: 18/9/2023].











