Coincidindo co 250º cabodano de Martín Sarmiento (1695-1772), en 2022 viñeron a lume os volumes I e V da Obra de 660 pliegos, que completaban a edición do texto deste oceánico escrito, iniciada en 2008 coa publicación dos volumes II, III e IV. Co gallo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega, padroeiro do proxecto «Obras de Martín Sarmiento», organizou un encontro científico arredor da súa obra co título Simposio Martín Sarmiento. De historia natural e de todo xénero de erudición. Neste volume ofrécense as contribucións dos especialistas que participaron nese simposio.
Na Obra de 660 pliegos, coa súa extensión desconforme, a súa enciclopédica variedade e a súa encerellada (des)organización, Sarmiento intérnase nunha boa presada de asuntos dos menos
estudados dentro do vasto abano dos seus intereses: poboación, economía, agricultura, gandaría e pesca, comercio e industria, botánica e mineraloxía, medicina e farmacia, potabilización da auga do mar, cálculo da lonxitude terrestre, matemáticas, historia literaria, antigüidades etc. Sen pretensión de tocar todos eses asuntos nin tampouco de cinxirse a eles, a ducia de traballos que compoñen este volume, escritos por especialistas en distintas ramas do saber, ofrecen unha serie de achegas sobre a súa figura e a súa produción que constitúen reveladoras incursións no magno continente Sarmiento, un continente con amplas rexións aínda pendentes de exploración.

[Data da nota de prensa: marzo 2024]

Título Erudición e ilustración.
Estudos sobre Martín Sarmiento
Edición Henrique Monteagudo
Autoría Joaquín Álvarez Barrientos
María M. Álvarez Lires
Xoán Carmona Badía
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Jesús Izco Sevillano
Xosé Antonio López Silva
Henrique Monteagudo
Gonzalo Navaza Blanco
Pegerto Saavedra Fernández
Fran Saborido Rey
Concha Varela-Orol
Ernesto Zaragoza Pascual
Obxecto de estudo Frei Martiño Sarmiento
Publicación Consello da Cultura Galega: Consello da Cultura Galega, 2024
Edición 1ª edición
Descrición física 374 p.; 24 cm
Notas Imaxe da cuberta: Licenza Creative Commons. Procedencia: Publicdomainpictures.net
ISBN 978-84-17802-64-6
Depósito Legal C 367-2024
DOI 10.17075/eiems.2024
Colección Actas
Evento Publicación.
Erudición e ilustración. Estudos sobre Martín Sarmiento .
//. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR
qr code