Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2009, dedicado a Ramón Piñeiro, o Consello da Cultura Galega editou un CD e un cartafol cos que se quere honrar a figura do que foi o primeiro presidente da institución.
O cartafol permite coñecer sete artigos e ensaios de Ramón Piñeiro sobre diferentes facetas da obra de Otero Pedrayo: lembranzas persoais, consideracións sobre a Xeneración Nós, a oratoria, a significación oteriana na cultura galega ou a súa especial relación con Santiago de Compostela. Os textos falan tamén da relación moi próxima que tiveron ambos os dous ao longo do tempo.
A publicación, que reproduce os retratos que Carlos Maside fixo de Piñeiro e Otero Pedrayo, e doce fotografías, incorpora tamén un CD coa gravación da conferencia «Otero Pedrayo na cultura galega», pronunciada por Ramón Piñeiro en Ourense en 1976.

| Título | Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega Conferencias e ensaios |
| Autoría |
Ramón Piñeiro |
| Limiar |
Ramón Villares |
| Obxecto de estudo |
Ramón Otero Pedrayo |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 80 p. : il. ; 21 cm + 1 CD. |
| Notas | Estoxo con libro + CD. Na cub.: Homenaxe do Consello da Cultura Galega. No ano 2009 (ano dedicado á memoria de Ramón Piñeiro) imprimíronse cincocentos exemplares numerados. Exemplar n.º 478. |
| ISBN | 978-84-96530-90-4 |
| Depósito Legal | C 1296-2009 |
| CCG. Signatura | CCG 2009 374 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
| # | Pista |
|---|---|
| 1 |

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)