Co gallo do 150 aniversario da primeira edición de Cantares Gallegos, o Consello da Cultura Galega impulsou a impresión deste facsímile da obra, a partir dun exemplar que viu a luz en Vigo no ano 1863 na imprenta de Juan Compañel e que se conserva na Biblioteca Pública Nodal de Pontevedra. A edición complétase coa incorporación, na parte final, dos catro poemas engadidos na segunda edición, de 1872, reproducidos do volume pertencente ao Consello da Cultura Galega.
| Título | Cantares Gallegos |
| Autoría |
Rosalía de Castro |
| Limiar |
Alberto Núñez Feijoó Pilar Rojo Noguera Ramón Villares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Xunta de Galicia; Parlamento de Galicia, 2013 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | XII, XIV, 189 p. ; 18 cm. |
| Notas | Reprodución facsímile da edición de: Vigo: J. Compañel, 1863. |
| Depósito Legal | C 424-2013 |
| CCG. Signatura | CCG 2013 435 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Código QR |
|












