Xosé María Díaz Castro foi poeta e tradutor. Certamente, a súa notoriedade na Historia da Literatura Galega débese á publicación de Nimbos (1961), poemario que o consagrou como un clásico da poesía do século XX. Agora ben, a súa principal dedicación vital como autor, a súa ocupación laboral como profesional e o océano literario no que se veu mergullado por máis horas e do que emerxeron máis páxinas por el asinadas foi, sen lugar a dúbidas, a tradución.
Neste volume, Cartafol de traducións e outros poemas, téntase espellar a importancia que, no conxunto da escrita diazcastriana, tiveron sempre os traballos de tradución. Non só no cuantitativo a obra tradutora do guitiricense é moi importante, senón que tamén no cualitativo ofrece textos de valor que deben contarse entre o mellor da súa produción.

Título | Cartafol de traducións e outros poemas |
Autoría |
Xosé María Díaz Castro |
Edición |
Armando Requeixo |
Limiar |
Ramón Villares |
Obxecto de estudo |
Xosé María Díaz Castro |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 2 v. (145; 62 p.): il. ; 21 cm. |
Notas | Na carpeta: é unha edición do Consello da Cultura Galega como homenaxe ao escritor Xosé María Díaz Castro. Imprimíronse cincocentos exemplares numerados. Estoxo con 2 volumes. Contén: 1. [Estudo introductorio, transcrición de textos e notas]-- 2. [Textos] |
ISBN | 978-84-92923-56-4 |
Depósito Legal | C 314-2014 |
CCG. Signatura | CCG 2014 449 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |