No presente volume presentamos a edición facsímile do orixinal autógrafo do Coloquio en mil duascentas coplas galegas, obra coñecida tamén baixo outros títulos, como Colección de voces y frases gallegas o u Coloquio de veinticuatro gallegos rústicos. Como é sabido, esta peza saíu da pluma de Martín Sarmiento (1695-1772) a finais de 1746 ou comezos do ano seguinte. Trátase dun escrito de valor excepcional, pois constitúe ó mesmo tempo un dos primeiros ensaios de restauración do cultivo escrito do idioma galego despois da decadencia tardo-medieval, e unha achega fundacional á lingüística galega. Isto outórgalle unha significación absolutamente emblemática na historia do idioma galego.
Titulo | Coloquio en mil duascentas coplas galegas |
Autoría |
Martín Sarmiento |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2002 |
Edición | 1ª edición |
Entidade | Consello da Cultura Galega |
Descrición física | IX, [72] p. ; 25cm. |
Notas | Reprod. facs. de: ms. 18.777 da Biblioteca Nacional de España (1745-1762) Introducción en galego, facs. en galego e castelán. A obra "Coloquio en mil duascentas coplas galegas" é coñecida tamén baixo outros títulos, como "Colección de voces y frases gallegas", "Coloquio de veinticuatro gallegos rústicos" ou "Glosario en el que se trata del origen, antigüedad, etimologías y esplendor de la lengua gallega" |
ISBN. Ed. papel | 84-95415-49-6 |
Depósito Legal. Ed. papel | VG 333-2002 |
CCG. Signatura. Ed. papel | CCG 2002 220 |
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel | 10125451 |
ISBN. Ed. pdf | 84-95415-49-6 |
Depósito Legal. Ed. pdf | VG-333-2002 |
url. Ed. pdf en liña | https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/coloquio |
Materias | |
Código QR |