Este Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega (DT-OCG) é a segunda parte dunha análise encamiñada a coñecer cales son as prácticas culturais da cidadanía galega. Neste documento realizouse unha explotación do módulo de Ocio e hábitos culturais da Enquisa estrutural a fogares que elabora Instituto Galego de Estatística. Está dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.
Nesta ocasión aténdese a cinco variables (Asistencia a espectáculos e eventos culturais; medios de comunicación; libros e convivencia de hábitos no fogar).
Ademais, ofrécese unha descrición dos resultados principais, achegando datos evolutivos onde foi posible. Tamén se fixeron cruzamentos coas variables explicativas cando se considerou que ofrecían información relevante e se daban datos sobre a distribución dos hábitos segundo áreas xeográficas.

Título | Ocio e hábitos culturais (II) |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 27 p. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
Url externa | pdf en liña |
Colección | Datos & Informes |
Materias | |
Código QR |