Este informe ofrece datos da edición de libros en Galicia, a través dunha análise de diferentes aspectos que inflúen de xeito activo neste eido. O traballo elaborouse para presentarse na xornada “A lei do libro 2006 a debate” celebrada o 19 de abril de 2018 e organizada pola a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega co gallo do Día Mundial do Libro e a Lectura, para avaliar o desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia.
A partir da Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN, amósanse datos en comparativa evolutiva dende o ano 2006 ata 2016 de todos os libros inscritos en ISBN na comunidade galega e, de xeito específico, dos que se publicaron en lingua galega nesa mesma década. Esta mesma fonte fornece información relacionada coas empresas editoras e a produción media destas.
Outras fontes consultadas para a elaboración deste informe foron o Instituto Nacional de Estadística, a Federación de Gremios de Editores de España e a Consellería de Facenda no caso da información estatística sobre a Rede Pública de Bibliotecas de Galicia, entre outras.

Título | Datos da edición en Galicia 2006-2016 |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 16 p.: gráf., cor (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
DOI | Carece |
Colección | Datos & Informes |
Materias | |
Código QR |