Para o ensino do galego son fundamentais as análises de textos escritos polos autores que utilizaron esta lingua como medio de expresión. Por iso, o Consello da Cultura Galega, a partir da súa Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, puxo en marcha este proxecto de «Ciencia en galego» para ofrecerlles aos centros de ensino un material co máis salientable e significativo dos traballos científicos escritos en galego.
A cativa presenza que acadara o galego como lingua de ciencia durante os anos da ditadura de Primo de Rivera e da Segunda República, como se constatou na primeira publicación Textos científicos en galego: Os inicios, 1916-1936 , vai desaparecer co triunfo do golpe militar de 1936 e a instauración do réxime franquista.
Nesta segunda parte publicada agora, Textos científicos en galego: 1939-1975, faise unha análise exhaustiva da produción bibliográfica de e sobre ciencia en galego nese periodo de tempo que vai de 1939 a 1975. Durante as tres décadas da ditadura franquista foron moi poucos os artigos ou libros que se publicaron de e sobre ciencia en galego. Os primeiros, de corte divulgativo ou minimamente relacionados coa ciencia, apareceron nos anos corenta na prensa galega do exilio e non será ata década dos cincuenta cando se publiquen en Galicia algúns traballos deste tipo.
Título Textos científicos en galego
: 1939-1975
Coordinación Alfonso Mato
Dirección Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Autoría Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Xosé Antón Fraga
Alfonso Mato
Introdución Alfonso Mato
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018
Edición 1ª edición
Descrición física 286 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel.
DOI 10.17075/tcgii.2018
Colección Publicacións dixitais. Ciencia en galego
Materias
Áreas
Código QR