Os fondos medievais do arquivo da catedral de Ourense ofrecen unha voluminosa cantidade de documentos en pergamiño e en papel redactados polos notarios do cabido, na forma de diplomas soltos e, xa nos séculos XIV e XV, de libros de actas capitulares. O predominio dos contratos inmobiliarios é absoluto, pois a institución catedralicia posuía a propiedade eminente de terras e casas no termo da cidade e, incluso, en toda a diocese.
De aí que a tipoloxía máis abundante sexan os foros, seguidos de compravendas, doazóns, traspasos ou testamentos. Todos estes actosficaron gravados na rica documentación privada, conservada desde o ano 888, e conectan logo sen interrupción coa crecente masa documetnal da Idade Moderna. Moitos dos textos notariais eran tamén consignados, de forma resumida, nos citados libros capitulares.
Con esta obra o Consello da Cultura Galega inicia unha nova etapa na edición de fontes documentais coa difusión en liña en fomato dixital da colección Gallaeciae Monumenta Historica a través da plataforma que lle da nome: http//gmh.consellodacultura.gal

Título | Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399) |
Autoría |
Anselmo López Carreira |
Índices |
Anselmo López Carreira |
Introdución |
Anselmo López Carreira |
Presentación |
Rosario Álvarez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 18, [67] p.; 24 cm + 1 CD |
Notas | Este libro inclúe CD que reproduce os índices e os documentos transcritos por Anselmo López Carreira |
ISBN | 978-84-92923-78-6 |
Depósito Legal | C 2225-2016 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Gallaeciae Monumenta Historica |
Materias | |
Código QR |