O ano 2017 cumpríronse dous séculos do momento en que o matemático Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) iniciou a elaboración da súa magna obra, a Carta geométrica de Galicia, un mapa moderno e rigoroso do noso territorio, que sería base cartográfica de proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas. Por iso é un fito na historia da cartografía peninsular e un símbolo para Galicia.
Co gallo desta efeméride, a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega decidiu preparar un material didáctico que axudase a difundir a relevante contribución de Fontán entre o público xeral e o escolar.
Titulo Domingo Fontán e a Carta geométrica de Galicia
: unidade didáctica
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019
Edición 1ª edición, 1ª reimpresión
Descrición física 60 p.: il., cor.; 16 cm.
Notas Álbum da Ciencia
1ª edición, 2018
ISBN 978-84-92923-92-2
Depósito Legal C 807-2018
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR