A redacción deste documento baséase na explotación da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais en España 2018-2019, realizada polo Ministerio de Cultura y Deporte. Trátase dunha investigación dirixida a unha mostra de 16.000 persoas maiores de 15 anos residentes en España. Para Galicia fixéronse 952 entrevistas, que son as que se explotan para o presente traballo.
A finalidade deste informe é múltiple: por unha banda, trátase de avaliar a evolución dos principais indicadores relativos aos hábitos e prácticas culturais da poboación galega e, por outra, analizar outros aspectos relevantes no ámbito cultural, especialmente no que atinxe aos consumos culturais, atendendo ás formas de adquisición de determinados produtos culturais suxeitos a dereitos de propiedade intelectual, como libros, música gravada, vídeo e software.
Titulo Hábitos e prácticas culturais en Galicia
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 60 p.: gráf., cor. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
Depósito Legal. Ed. pdf Carece
Materias
Áreas
Código QR