Cousas gallegas é unha recompilación de poemas, discursos e escritos varios do xornalista e avogado Fortunato Cruces, publicada en Bos Aires no 1923. Constitúe unha boa mostra das iniciativas, visión do mundo e sentimentos identitarios dun dos principais facedores de opinión da nutrida colectividade galega da Arxentina durante o primeiro terzo do século XX. O Consello da Cultura Galega recupera esta obra no marco da colección Clásicos da Emigración, acompañándoa dun interesante estudo introdutorio feito por Xosé Manuel Núñez Seixas.
Título | Cousas gallegas |
Autoría |
Fortunato Cruces |
Estudo introdutorio |
Xosé M. Núñez Seixas |
Presentación |
Rosario Álvarez Antonio Rodríguez Miranda |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 46, 253 p; 21 cm |
ISBN | 978-84-17802-13-4 |
Depósito Legal | C 422-2020 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Clásicos da Emigración |
Evento |
Presentación en liña. Cousas gallegas. As “Cousas gallegas” de Fortunato Cruces 3/4/2020. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
Materias | |
Código QR |