O presente documento de traballo é unha primeira achega á análise do impacto da crise no ámbito cultural provocada pola aparición do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade que provoca, COVID-19.
Neste traballo recóllense as análises e reivindicacións das principais asociacións profesionais e gremiais que participan na cadea de produción do libro, así como unha descrición da situación do sector do libro antes da chegada da crise provocada polo coronavirus. Completa o informe o resultado de cinco entrevistas que se lles realizaron aos responsables da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega de Editoras, do Clúster da Comunicación de Galicia, da Federación de Asociaciones Nacionales de Distribuidores de Ediciones e da Federación de Librarías de Galicia.

[Data de comunicación: abril 2020]
Título | sector do libro galego perante a crise da COVID-19, O |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª Edición |
Descrición física | 31 p. (Edición dixital) |
DOI | 10.17075/slgpcc.2020 |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
Un informe do Consello da Cultura Galega prevé un futuro complicado para o sector do libro [Data da comunicación: 23/4/2020].