Esta publicación recolle as actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde, celebrado en Pontevedra en xullo de 1997.

Que Galicia foi e é un país cun importantísimo potencial humano e económico adicado ás actividades relacionadas co mundo do mar é innegable. Chegue con dicir -sen entrar agora nos aspectos do marisqueo ou da acuicultura-, que ocupa o primeiro lugar, en canto o total de tonelaxe das embarcacións, de entre todos os estados que conforman a U.E (270577 t fronte ás 259981 que ten Italia, a segunda na lista). Pero, por coñecidas razóns, os investigadores, tanto historiadores como antropólogos, case sempre se mantiveron de costas a esta importantísima faceta de realidade galega. Isto foi o que motivou á Ponencia de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega a organizar un simposio que servira de revulsivo á comunidade científica galega. Acordouse adicalo á memoria de D. Xosé Filgueira Valverde, Presidente que foi do Consello e estudioso dos mareantes da súa ben amada Pontevedra.
Titulo Antropoloxía Mariñeira
Subtítulo Actas do Simposio Internacional in Memoriam Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra, 10-12 de xulio, 1997
Coordinación Francisco Calo Lourido
Autoría Fernando Alonso Romero
Inês Amorim
Bernard Cadoret
Francisco Calo Lourido
Francisco Fariña Busto
Xosé Antón Fidalgo Santamariña
Antón Fraguas
Xosé Fuentes
Antonio García Allut
Kellie Christine Germond
Clodio González Pérez
Xosé Manuel González Reboredo
Helena Lopes
Alejandro Miquel Novajra
Staffan Mörling
Paulo Nunes Lopes
Xosefa Otero Patiño
José Pascual Fernández
Juan Oliver Sánchez Fernández
Teresa Soeiro
Presentación Francisco Calo Lourido
Antón Fraguas
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Antropoloxía Cultural, 1998
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Ponencia de Antropoloxía Cultural
Descrición física 361 p. : 24 cm
ISBN. Ed. papel 84-87172-37-7
Depósito Legal. Ed. papel C. 1.947-1998
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 1998 129
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10123822
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/antropoloxia_mar
Materias
Código QR