O Consello da Cultura Galega ten entre as súas competencias analizar cantas cuestións se refiran ao patrimonio cultural e elevar aos poderes da Comunidade Autónoma informes e propostas a favor da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

A Comunidade de Veciños de Angueira de Castro solicitou o 16 de decembro de 2020 o pronunciamento do Consello da Cultura Galega acerca do impacto sobre o patrimonio cultural do lugar de Angueira de Castro, na parroquia de Santa Mariña de Ribasar, Rois (A Coruña) da liña eléctrica de alta tensión (LAT) Lousame-Tibo que a atravesa.

Unha vez revisada a documentación, levouse a cabo este informe no que se analizan, por unha banda, os bens patrimoniais que caracterizan o ámbito xeográfico da LAT e, por outra, o Camiño de Santiago coñecido como Camiño Portugués, que discorre por este mesmo espazo, para así poder valorar as afeccións que trasladaba a veciñanza.
Título Informe sobre o impacto da liña eléctrica de alta tensión Lousame-Tibo sobre os valores patrimoniais no ámbito xeográfico afectado polo seu trazado na parroquia de Santa Mariña de Ribasar, Rois (A Coruña)
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª Edición
Descrición física 40 p. (Edición dixital)
Materias
Código QR