Este traballo de investigación que elaborou o Observatorio da Cultura Galega pretende continuar afondando nos estudos sobre os hábitos culturais da poboación galega. Os principais aspectos analizados son a valoración sobre a oferta cultural, se esta se considera suficiente ou non e a opinión das persoas sobre a situación da oferta cultural en Galicia, especialmente sobre as necesidades, costumes e prácticas relacionadas coa cultura e a lingua galega entre menores de 16 anos.
[Data da nota de prensa: marzo 2022]
| Título | Oferta, demanda e prácticas culturais nos menores de 16 anos |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 125 p.: gráf., cor. (Edición dixital) |
| DOI | 10.17075/odpcma.2022 |
| Colección | Informes |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Un informe constata a demanda crecente de produtos culturais en galego [Data da nota: 4/3/2022].












