O Consello da Cultura Galega vén facendo periodicamente informes sobre hábitos e prácticas culturais dende o ano 2008. O presente informe trata de dar continuidade a estes traballos precedentes, a través da descrición das prácticas e hábitos. Comeza coa descrición dos equipamentos culturais, como museos, monumentos e arquivos, seguindo coa lectura e bibliotecas, as artes escénicas, a música, o cine, o vídeo e contidos audiovisuais, a televisión e a radio, o ordenador e a Internet, así como outras prácticas relacionadas co ocio e a cultura. Tamén se abordan as vinculacións coa práctica cultural nas familias. Pecha o informe un apartado sobre a incidencia da COVID-19, e máis especificamente o período do confinamento, no obxecto de estudo. Deste xeito, o informe recolle un amplo e variado conxunto de contidos relacionados coa cultura, para ofrecer unha panorámica completa do tema.
[Data de comunicación: febreiro 2023]
Título | Hábitos e prácticas culturais |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 96 p.: gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel. Informes precedentes: Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega. (2008): Ocio e hábitos culturais dos Galegos. Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega (2016): Ocio e hábitos culturais I. Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega (2016): Ocio e hábitos culturais II. . Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega (2020): Hábitos e prácticas culturais en Galicia. Observatorio da Cultura Galega. Consello da Cultura Galega (2020): Influencia da COVID-19 nos hábitos culturais da poboación galega. |
DOI | 10.17075/hpc.2023 |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
O Observatorio da Cultura constata o impacto da tecnoloxía nos hábitos de consumo cultural [Data da comunicación: 6/2/2023].