Con este traballo preténdese coñecer as posibilidades de éxito dunha incorporacion efectiva da lingua galega ó mundo da publicidade e das relacions comerciais e mercantís; analizando en que medida esta lingua desprestixia un produto que nela se vehicula ou se, pola contra, pode potenciar as vendas. Visto o importante nivel de coñecemento e uso do galego existente (en comparanza con outras linguas non estatais de Europa), que cada vez son menos excepcionais as iniciativas de uso da lingua galega no ámbito da empresa e que na poboacion galega parece existir unha grande receptividade cara a medidas tendentes á galeguizacion da sociedade, é tempo de analizar e reflexionar, con datos reais e obxectivos, a pertinencia de incorporar a lingua galega nas iniciativas e actividades colectivas relacionadas co mundo dos negocios e da empresa.
Titulo Publicidade e lingua galega
Subtítulo Os consumidores ante o uso do galego na comunicación publicitaria e nas relacións comerciais
Autoría Fernando Ramallo
Gabriel Rei-Doval
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Ponencia de Lingua, 1995
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Ponencia de Lingua
Descrición física 81, [9] p. : il. ; 23 x 23 cm.
Notas Ponencia de Lingua.
Texto en galego e castelán
ISBN. Ed. papel 84-87172-06-7
Depósito Legal. Ed. papel C 1880-1995
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 1996 112
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10123384
Materias
Código QR