Este é un monumental estudo sobre as vías romanas na antiga Gallaecia. Esta publicación localiza, cataloga, transcribe e estuda máis de 600 miliarios e outras inscricións viarias de época romana na Gallaecia ampla. De cada un, a obra ten unha ficha descritiva, fotografías e a correspondente interpretación dos textos gravados. O coñecemento destes vestixios resulta de capital importancia para achegármonos a distintos aspectos da rede viaria que o Imperio romano foi tecendo na Gallaecia e, polo tanto, para comprender mellor aquel importantísimo período histórico.
Titulo | Miliarios e outras inscricións viarias romanas do noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense) |
Autoría |
Antonio Rodríguez Colmenero Santiago Ferrer Rubén D. Álvarez Asorey |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Patrimonio Histórico, 2004 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 844 p. : il. ; 29 cm. |
ISBN | 84-95415-87-9 |
Depósito Legal | LU 149-2004 |
CCG. Signatura | CCG 2004 266 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Colección Gran Formato |
Materias | |
Código QR |