Esta publicación, editada por Francisco Javier Pérez Rodríguez, reúne o cartulario medieval do Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos. A maior parte destes documentos estaban ata o de agora inéditos, a pesares de que este tombo é citado a miúdo polos historiadores debido á serie de miniaturas que o iluminan.
A diferencia do que ocorre con outros cartularios medievais de mosteiros galegos, o tombo do mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos non é famoso pola súa documentación. A iluminación deste cunha serie de miniaturas fixo que este cartulario fose citado de cotío polos historiadores, especialmente nestes últimos tempos en que a reproducción fotográfica é abondosa. Calquera especialista coñece xeralmente, por exemplo, a representación de Afonso X coa súa muller e o seu fillo maior, don Fernando de la Cerda, ou –aínda foi máis reproducida– aquela en que don Diego Xelmírez bendí os dous cabaleiros fundadores do mosteiro.
Fronte a este “éxito” das súas miniaturas, os documentos do tombo pasaron un tanto inadvertidos ou, desde logo, foron bastante menos reproducidos e citados que as miniaturas, evidentemente. A pesar diso, varios dos seus documentos foron publicados por investigadores como M.ª de los Ángeles Guajardo-Fajardo ou Benito Salvado, quen recolleu en parte o traballo do seu malogrado irmán Vicente. De tódolos xeitos, a meirande parte da documentación do cartulario está aínda inédita, e ponse agora á disposición do investigador gracias ó Consello da
Cultura Galega nesta colección de fontes.
Título documentos do Tombo de Toxos Outos, Os
Autoría Francisco Javier Pérez Rodríguez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Patrimonio Histórico, 2004
Edición 1ª edición
Descrición física 875 p. ; 24 cm.
ISBN 84-95415-82-8
Depósito Legal C 1593-2004
CCG. Signatura CCG 2004 259
Url externa Catálogo RBG
Colección Fontes para a historia de Galicia; Núm:1
Materias
Código QR