Xavier Bóveda foi emigrante, xornalista e escritor. Este libro, cun interesante e ameno estudio introductorio de Luís Martul, Carmen Luna e María Golán, recupera textos inéditos do astuto e hiperactivo escritor.

Este volume é resultado das actividades que na actualidade desenvolve o Grupo de Investigación de Literatura Hispanoamericana do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. A investigación na que se enmarca forma parte do proxecto “Escritores de orixe galega: a súa inserción nos sistemas literarios arxentino e cubano”, subvencionado pola Xunta de Galicia e que integran o seu director, Dr. Luís Martul, e as doutoras Carmen Luna e María Golán. Os obxectivos deste proxecto son dilucidar a significación de escritores de orixe galega nas literaturas nacionais nas que interviñeron e ver en que medida a súa incidencia foi ou non determinante neses sistemas literarios.
Título Xavier Bóveda: Belezas locais, bohemia e aventura emigrante.
Colectánea de textos inéditos
Autoría Xavier Bóveda
Estudo introdutorio Luis Martul Tobío
Carmen Luna Selles
María Golán
Obxecto de estudo Xavier Bóveda
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega, 2002
Edición 1ª edición
Descrición física 306 p. ; 21 cm.
ISBN 84-95415-60-7
Depósito Legal C 2022-2002
CCG. Signatura CCG 2002 219
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección Colección de Peto
Materias
Áreas
Código QR