Con edición, notas e glosario de Domingo Blanco, o CCG e o Museo de Pontevedra colaboraron na edición da Colección de Cantares Gallegos de Xosé Casal Lois, un dos cancioneiro da tradición oral galega máis importantes do s. XIX. Nel, Casal Lois escolmou máis de 1.800 cantares elaborando unha peza fundamental do noso patrimonio e coa que gañou os Xogos Florais de Pontevedra de 1884.
Poucos anos despois da publicación dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro e da Historia de Galicia de Manuel Murguía, e no ambiente favorable que estas -e outras- obras contribuíran a espallar, un mozo pontevedrés de a penas vintecatro anos e futuro médico, Xosé Casal Lois, comezou unha tarefa calada e fecunda que ía continuar ao longo de toda a súa vida: a recolleita de cantares populares galegos, que foi anotando coidadosamente e dos que chegou a xuntar preto de catro milleiros; el mesmo escolmou os 1816 que forman a presente Colección de cantares gallegos, coa que obtivo un primeiro premio -en competencia nada menos que coa colección de Pérez Ballesterosnos Xogos Florais de Pontevedra en 1884. A autenticidade das súas fontes, a súa amplitude e a súa riqueza temática e léxica fan desta obra que hoxe -a instancias do Consello da Cultura Galega- ve a luz por primeira vez un dos tres grandes cancioneiros populares (xunto cos de Saco y Arce e Pérez Ballesteros) da Galicia do XIX e, por iso, unha peza fundamental no patrimonio literario, lingüístico e cultural de Galicia. O profesor Domingo Blanco, especialista en Literatura Popular que dedicou varios anos ao estudio de Casal e as súas coleccións de cantares, é o responsable desta edición, guiada pola fidelidade ao texto manuscrito, que se complementa con abundantes notas explicativas e un glosario, e do estudio introductorio que axuda a comprendermos a significación de Casal e a súa obra no cadro da Galicia do século XIX.

Título | Colección de Cantares Gallegos |
Compilación |
José Casal y Lois |
Edición |
Domingo Blanco Pérez |
Obxecto de estudo |
José Casal y Lois |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua; Museo de Pontevedra, 2001 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 365 p. ; 24 cm. |
ISBN | 84-95415-21-6 |
Depósito Legal | VG 1254-2001 |
CCG. Signatura | CCG 2001 191 |
Url externa | pdf en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |