María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu en Maria Casarès, unha das grandes actrices europeas do século XX. O tempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunha das personalidades culturais máis interesantes e descoñecidas da Galicia contemporánea.

Recuperar a Galicia de María Casares, reintegrar a súa memoria á nosa é aproposta destas páxinas, porque a súa Galicia forma parte da historia que nos foi negada, e porque a actriz sempre levou con orgullo e dignidade o seu ser de muller galega. María Casares fixo vivir Galicia na creación artística francesa, modificando as súas linguaxes teatrais en clave galaica e deixando a súa traza oceánica no universo mediterráneo de Albert Camus. Descubrindo a Galicia de María Casares, a súa liberdade, comprendéndoa, quizais poidamos facer un pouco máis libre a nosa.
Título tempo das mareas. María Casares e Galicia, O
Autoría María Lopo
Presentación Ramón Villares
Obxecto de estudo María Casares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016
Edición 1ª edición
Descrición física 217 p. : fot.; 24 cm.
Notas 2ª edición revisada, 2022
ISBN 978-84-92923-67-0
Depósito Legal C 143-2016
Url externa Catálogo RBG
Colección Estudos Migratorios
Evento Presentación.
Libro «O tempo das mareas. María Casares e Galicia» de María Lopo.
14/4/2016. Casa Museo Casares Quiroga. A Coruña
Materias
Áreas
Código QR