Para o ensino do galego son fundamentais as análises de textos escritos polos autores que utilizaron esta lingua como medio de expresión. Na inmensa maioría dos casos, por non falar da totalidade, son textos extraídos do vizoso «corpus» literario no que se manifestou a mestría dos autores galegos, con temáticas onde a imaxinación, o relato ou o drama son as dominantes. Porén, a expresión dos traballos científicos en galego está totalmente ausente nestas análises. Certamente que a produción «científica» en galego é pequena e, mesmo, cativa na súa expresión literaria, pero non deixa de ser a manifestación escrita dunha actividade que está a dominar en boa medida a cultura dos tempos actuais. Por iso, o Consello da Cultura Galega, a partir da súa Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, pon en marcha este proxecto de «Ciencia en galego» para ofrecerlles aos nosos centros de ensino un material co máis salientable e significativo dos traballos científicos escritos en galego.
Título Textos científicos en galego
: Os inicios, 1916-1936
Dirección Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Coordinación Alfonso Mato
Autoría Fernando Alcalde
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Xosé Antón Fraga
Introdución Alfonso Mato
Presentación Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016
Edición 1ª edición
Descrición física 233 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
DOI 10.17075/tcgi.2016
Colección Publicacións dixitais. Ciencia en galego
Materias
Áreas
Código QR