Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2017 en homenaxe a Carlos Casares, o Consello da Cultura Galega publica en edición facsimilar As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, unha pequena peza dramática desbordante de alegría, que Carlos Casares escribiu a principios dos setenta e se converteu pronto nun clásico do teatro infantil. O texto gañou o Concurso de Textos Teatrais O Facho en 1973 e editouse con ilustracións orixinais de Luís Seoane.
O nacemento nun limoeiro dunhas enormes laranxas que estoupan ao tocalas reúne a toda unha colección de veciños estraños e dá pé a un rosario de situacións absurdas e hilarantes.

[Data da nota de prensa: maio 2017]

Título laranxas máis laranxas de todas as laranxas, As
Autoría Carlos Casares
Estudo Montse Pena Presas
Ilustración Luís Seoane
Limiar Ramón Villares
Obxecto de estudo Carlos Casares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017
Edición 1ª edición
Descrición física 60, [LXVII] p., [8] f. de lám. : il., cor ; 22 cm.
Notas Contén: 1.- Limiar, por Ramón Villares 2.-Estudo O mundo era unha laranxa: tolerancia, fantasía e humor na obra infantil de Carlos Casares, por Montse Pena Presas. 3.- Facsímile. 4.- Láminas con ilustracións de Luís Seoane
ISBN 978-84-92923-84-7
Depósito Legal C 480-2017
Url externa Catálogo RBG
Evento Presentación.
Presentación de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
//. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Áreas