Este traballo é froito dunha encarga da Xunta de Galicia ao Consello da Cultura Galega (CCG), a través dun acordo interinstitucional que pretende realizar unha diagnose para que o goberno galego deseñe unha estratexia específica sobre o ámbito da cultura galega de cara ao ano 2021.
O obxectivo deste informe (levado a cabo polo Observatorio da Cultura Galega, unidade do Consello da Cultura galega) é ofrecer unha panorámica xeral do ámbito cultural galego.
O enfoque do traballo é estatístico e cualitativo, polo que se utilizan fontes primarias destes dous tipos. Outra clase de información obtense de fontes públicas directas sen explotar, como son os rexistros electrónicos públicos da Xunta de Galicia e do Goberno de España. A información cualitativa procede de entrevistas a expertos, documentos e achegas específicas para esta diagnose que proveñen das seccións, arquivos e comisións permanentes do Consello da Cultura Galega, así como de documentos publicados con anterioridade por este órgano consultivo.
A recollida de información e datos centrouse nos sectores culturais máis relevantes: edición, audiovisual, musical, artes escénicas, artes visuais, patrimonio cultural e institucións da cultura (bibliotecas, arquivos, museos, etc.). Ademais, o Consello da Cultura Galega encargouse de analizar liñas de actuación sobre diferentes temas transversais que inflúen na cultura galega, entre os cales destacan os seguintes: financiamento da cultura, gobernanza na cultura, ámbito dixital e tecnolóxico, internacionalización e proxección exterior, cultura e educación, inclusión cultural, tecido asociativo, turismo cultural e a muller na cultura, entre outros.
O documento remata cun apartado de conclusións no que se fai un exercicio de síntese dos resultados máis importantes. A esta información engádeselle unha relación dos principais signos negativos e positivos da diagnose, xunto coas liñas de actuacións preferentes que xorden como consecuencia lóxica das propias conclusións.
Titulo Diagnose da cultura galega
Subtítulo Datos para unha estratexia cultural no século XXI
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 464 p.: gráf., cor (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel. No que respecta á información cualitativa recollida neste informe, a comisión executiva do CCG designou unha serie de persoas que pola súa traxectoria e prestixio resultaban idóneas. Os participantes e as áreas que lles foron conferidas foron os seguintes: Carme Adán Villamarín (a muller na cultura), Xosé Ballesteros Rey (libro e edición), Francisco Campos Freire (televisión), Eva Faraldo (danza), Miguel Anxo Fernández Fernández (cine), Víctor Fernández Freixanes (industriais creativas), Carmen García Mateo (tecnoloxías da información e comunicación), Andrés Lacasa Nikiforov (música clásica e ópera), Marcos Lorenzo Gallego (gasto público e políticas culturais), Xurxo Mariño Alfonso (cultura científica), Xosé Manuel Pereiro Sánchez (publicacións periódicas), Bieito Pérez Outeiriño (museos), Belén Pichel (teatro), Natalia Poncela López (artes visuais), Xosé Ramón Pousa Estévez (radio), Gabriel Quiroga Barro (arquivos), Xulio Ríos Paredes (acción exterior), Enrique Sáez Ponte (entidades sen ánimo de lucro), Cristina Sánchez Carretero (patrimonio), Xosé Manuel Santos Solla (turismo cultural), Concepción Varela Orol (bibliotecas), Xosé Vicente Ferreirós (música popular).
DOI. Ed. pdf 10.17075/dcg.2018
Colección documentos & informes
Materias
Código QR