O Consello da Cultura Galega recolle nesta publicación as actas da xornada celebrada en febreiro de 2019 sobre a figura de Plácido Castro (1902-1967), organizada pola Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega e o Concello de Cambados, en colaboración coa Fundación Plácido Castro, e coordinada por Xulio Ríos.

Plácido Castro é un dos símbolos máis sobranceiros do universalismo galeguista. Pola súa orixe e a súa formación, foi unha rara avis no galeguismo dos anos trinta. Humanista, anglófilo e erudito, ao longo da súa vida desenvolveu tres vocacións principais: a tradución, o xornalismo e o compromiso político con Galicia.
Titulo Vocacións e ideais de Plácido Castro
Coordinación Xulio Ríos
Autoría Luís Álvarez Pousa
Laura Linares
Rubén C. Lois González
César Lorenzo Gil
María Xesús Lorenzo Modia
Xulio Ríos
Obxecto de estudo Plácido Castro
Presentación Xulio Ríos
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 116 p; 24 cm
DOI 10.17075/vipc.2020
Colección Actas
Materias
Áreas
Código QR