O traballo de Luisa Cuesta titulado La emigración gallega a América, publicado en 1932, aborda os vínculos históricos que Galicia mantivo con América a través dos transvasamentos poboacionais. Baseado na investigación de numerosas fontes primarias e secundarias, respecto da etapa colonial, ademais das mobilidades humanas relacionadas coas viaxes de exploración e co paso a Indias de certos relixiosos e intelectuais galegos, presta particular atención aos plans de poboamento organizados no século XVIIIpola Coroa. Nese senso, analiza o artellado en 1725 cara á Banda Oriental do Río da Prata e o das expedicións de familias que entre 1778 e 1884 partiron sucesivamente do porto da Coruña para dirixirse á Patagonia e que, frustrada esa intención, logo foron dar a outros lugares. Moito menores son as referencias á emigración galega contemporánea, aínda que, como espectadora desta, Luisa Cuesta decátase da importancia que ten para o país máis alá dos tópicos comunmente esgrimidos. A obra de Cuesta foi unha referencia inescusable para todos os interesados no estudo da relación Galicia-América.
[Data da nota de prensa: marzo 2022]
| Título | emigración gallega a América, La |
| Autoría |
Luisa Cuesta Gutiérrez |
| Estudo introdutorio |
Pilar Cagiao |
| Presentación |
Rosario Álvarez Blanco Antonio Rodríguez Miranda |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 31, 77 p.; 21 cm |
| Notas | Contén: 1.- Presentación/ por Rosario Álvarez; 2.- Presentación /por Antonio Rodríguez Miranda; 3.- Estudo introdutorio: A pioneira dos estudos americanistas en Galicia/ Pilar Cagiao Vila; 4.- Facsímile: La emigración gallega a América / Luisa Cuesta |
| ISBN | 978-84-17802-40-0 |
| Depósito Legal | C 2251-2021 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Clásicos da Emigración |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
A colección Clásicos da emigración amplíase cunha obra pioneira nos estudos sobre América [Data da nota: 10/3/2022].












