A exposición Os adeuses é un documento en imaxes dun feito histórico relativamente recente: o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo e o posterior regreso a Galicia. Porén esta mostra é moito máis que unha reportaxe gráfica.

Obedecendo á vocación fotográfico-artística e ao bo facer de Alberto Martí hoxe podemos gozar dunha faceta posiblemente menos coñecida do autor: a de retratista de historias humanas.

Cada unha das fotografías que conforman esta exposición reborda emoción, sentimento, frescura e naturalidade. O sentir destes protagonistas anónimos traspasa as súas expresións e xestos. E o que narran as fotos ábrelle espazos á nosa receptividade e activa as referencias da nosa contorna.

Titulo adeuses, Os
Subtítulo Fotografías de Alberto Martí
Fotografía Alberto Martí
Coordinación Begoña Combo
Begoña Tajes
Presentación Alfonso Cabaleiro
Ramón Villares
Textos Pilar Cagiao
José Caruncho
María Teresa García Domínguez
Publicación Santiago de Compostela; A Coruña: Consello da Cultura Galega; Centro Galego de Artes da Imaxe, 2010
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega; Centro Galego de Artes da Imaxe
Descrición física 148 p. : principalmente il. ; 25 cm.
Notas Texto en galego, castelán e inglés.
ISBN. Ed. papel 978-84-92923-04-5
Depósito Legal. Ed. papel C 2301-2010
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2010 384
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 11202703
ISBN. Ed. pdf 978-84-92923-04-5
Depósito Legal. Ed. pdf C 2301-2010
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/osadeuses
Materias
Áreas
Código QR