A recuperación dos textos en galego de inicios do século XIV non é unha tarefa nova. Diversos traballos dados ao prelo en distintas épocas (moitos dos cales editan ou reeditan escritos daquel período) achegáronse á cuestión da escrita en galego do século XIV previa ao Rexurdimento. A principal contribución do presente estudo é a edición nun volume conxunto de todos os textos achados ata o momento e tamén a vontade de analizar aquel fenómeno desde o punto de vista histórico, xornalístico, lingüístico e literario. O estudo dos textos permitirá aos investigadores tirar conclusións non só sobre a traxectoria dos seus autores senón tamén sobre a súa época, a sociedade galega coetánea, os debates ideolóxicos que se acenderon, a diversidade interna da lingua galega (non só dialectal, senón tamén social e estilística) ou as modalidades da comunicación pública na aurora da Galicia contemporánea.
Título Documentos da Catedral de Lugo (V. I)
Século XIV
Autoría María Xosé Portela Silva
Limiar Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Patrimonio Histórico, 2007
Edición 1ª edición
Descrición física 2 v.(620, 621-1260 p.) ; 24 cm.
Notas Inclúe índices onomástico (p. 1083), institucional (p. 1169) e toponímico (p. 1187) no Volume II .

Textos en latín, galego e castelán antigo.
ISBN 978-84-96530-39-3
Depósito Legal PO 925-2007
CCG. Signatura CCG 2007 310-1
Url externa Catálogo RBG
Colección Fontes para a Historia de Galicia; Núm:5
Materias
Áreas
Código QR