A fronteira entre Galicia e Portugal ten sempre a capacidade de atraer unha atención inquiridora e de provocar sentimentos encontrados. Di Castelao que non se soubo o que lle respondeu o vello ao rapaciño que, na beira do Miño, formulou en voz alta o pensamento –ou sentimento– que a tantos trae aqueloutrados, «E os da banda d’alá son máis estranxeiros que os de Madrí?». Deulle forma de pregunta ao seu desconforto ante o paradoxo, mais é probable que non agardase unha resposta.
Desde longa data, cada certo tempo, en espazos de encontro entre lingüistas galegos e portugueses, a conversa, a ollada, o interese... viñan recalando na raia que asemade nos une e nos separa, de modo que paseniñamente se foi facendo urxente colocar no centro da nosa atención esta fronteira galego-portuguesa que todos dan en dicir que está entre as máis antigas de Europa. Pouco sabemos dos criterios con que foi trazada en orixe nin, polo tanto, en que medida respondía a trazos antropolóxicos, lingüísticos, xeográficos ou doutro teor. A raia atravesou as terras do antigo reino de Galicia e partiu en dous o territorio constitutivo do protorromance galego, do que logo habían xurdir a lingua galega e a lingua portuguesa.

Título | Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa |
Edición |
Xulio Sousa Marta Negro Romero Rosario Álvarez |
Autoría |
Xosé Afonso Álvarez Pérez Carlos Baliñas Pérez Rosa Lídia Coimbra Elisa Fernández Rei Luis Manuel García Mañá José Enrique Gargallo Gil Paula Godinho Lurdes de Castro Moutinho Rosa Mouzo Villar Sílvia Afonso Pereira Carolina Pérez Capelo Helena Pousa Ortega Irene Santos Raña Soraya Suárez Quintas |
Limiar |
Rosario Álvarez Marta Negro Romero Xulio Sousa |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 283 p. : il. cor e n., mapas ; 24 cm. |
Notas | Textos en galego e portugués |
ISBN | 978-84-92923-60-1 |
Depósito Legal | C 1656-2014 |
CCG. Signatura | CCG 2014 455 |
DOI | 10.17075/lifgp.2014 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Ensaio & Investigacion |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|
-
-
Limiar
Rosario Álvarez
Xulio Sousa
Marta Negro Romero
-
Autores
Rosario Álvarez
Xulio Sousa
Marta Negro Romero
-
A Flumine Mineo usque in Tagum
: os camiños diverxentes de Galicia e Portugal na Alta Idade Media (700-1100)
Carlos Baliñas Pérez
10.17075/lifgp.2014.001 -
A fronteira galego-portuguesa
Luis Manuel García Mañá
10.17075/lifgp.2014.002 -
Fronteira, políticas de centro e práticas da cultura : o Tratado de limites de 1864, o interesse dos estados e a resistência das populações
Paula Godinho
10.17075/lifgp.2014.003 -
Percepción e actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa : unha aproximación á perspectiva ourensá
Irene Santos Raña
Soraya Suárez Quintas
10.17075/lifgp.2014.004 -
As entoacións galega e portuguesa : a fronteira á luz da dialectometría e da percepción
Elisa Fernández Rei
Lurdes de Castro Moutinho
Rosa Lídia Torres do Couto Coimbra Silva
10.17075/lifgp.2014.005 -
De Vilanova de Arousa a Vila Nova de Foz-Côa : a fronteira galego-portuguesa a estudo a partir dos materiais do Alpi
Rosa Mouzo Villar
Carolina Pérez Capelo
10.17075/lifgp.2014.006 -
(Des-)continuidade de léxico dialectal na fronteira galego-portuguesa
Xosé Afonso Álvarez Pérez
10.17075/lifgp.2014.007 -
Variação sintática em Portugal e a fronteira com a Galiza
Sílvia Afonso Pereira
10.17075/lifgp.2014.008 -
Os verdadeiros amigos na Raia Miñota : os cognados
Helena Pousa Ortega
10.17075/lifgp.2014.009 -
Romances de fronteira na Península Ibérica
José Enrique Gargallo Gil
10.17075/lifgp.2014.010
-
Limiar