O Consello da Cultura Galega, preocupado por colaborar no estudo das manifestacións do pobo galego ao longo da súa historia, quere celebrar a aparición dos primeiros diarios en Galicia coa súa edición facsimilar. Xunto a ela, publícase un conxunto de traballos onde distintos expertos explican o contexto en que apareceron eses medios impresos e as súas características. Pareceu apropiado achegar á edición facsimilar un volume de estudos críticos en que diversos estudosos do ámbito histórico e xornalístico analizan as características e o relevo destes medios. Deste xeito, dáselle continuidade a unha liña de traballo que comezou no ano 2000 coa edición facsimilar do primeiro fito do xornalismo en Galicia: El Catón Compostelano.
Titulo Primeiros diarios galegos (1808-1809) [Vol. III]
Subtítulo Diario de Santiago, Apéndice al Primitivo Diario de Santiago, Gazeta de La Coruña, Telégrafo Político y Literario de La Coruña
Coordinación Xosé López García
Rosa Aneiros
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega
Descrición física 4 v. ; 26 cm
Notas Contén: t. 1. Estudos críticos -- t. 2 Diario de Santiago -- t. 3. Diario de Santiago ; Apéndice al primitivo Diario de Santiago ; Gazeta de la Coruña ; Telégrafo político y literario de la Coruña -- t. 4. Diario de la Coruña
ISBN. Ed. papel 978-84-96530-64-5
Depósito Legal. Ed. papel S 1127-2008
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2008 352
CCG. Código de barras Koha 3.21. Ed. papel CCG000000006
Materias
Código QR