A Economía Ambiental trata de ofrecer unha visión global do funcionamento do sistema económico, sen esquecer que o medio ambiente é o punto de partida e o destino de todos os bens e servicios que inflúen no noso benestar. Esta visión global é imprescindible para acadar o obxectivo último: un desenvolvemento que implique melloras perdurables na calidade de vida. Así, foi de sumo interese a realización en Galicia dun seminario sobre Economía do Medio Ambiente que proporcione unha visión xeral dos avances nesta disciplina e ilustre as súas potencialidades, cunha revisión de estudios empíricos sobre problemas concretos. Nesta toma de contacto están presentes un nutrido conxunto de economistas ambientais con experiencia solvente en áreas coma a paisaxe rural, os RSU, as emisións á atmósfera, a contaminación acústica, prácticas agrarias, xestión pública da auga, etc., xa relevantes en Galicia e que, polo tanto, poden interesar máis aló dos propios grupos de investigación en economía ambiental. As aportacións deste seminario interesan tanto á comunidade científica galega (biólogos, enxeñeiros, químicos, etc.) coma ós axentes institucionais que interveñen día a día na definición e implantación de políticas, controis, incentivos, etc., sobre temas de xestión de recursos e do medio ambiente.
Título | Economía ambiental e sociedade = Environmental economics and society Actas do Seminario celebrado en Santiago de Compostela o 8 de maio de 2000 |
Coordinación |
Albino Prada María Xosé Vázquez Rodríguez |
Autoría |
José Carlos del Álamo Giménez |
Autoría |
Vivien Foster Alberto Gago Rodríguez Manuel González Gómez Xosé Manuel González Martínez Xavier Labandeira Philippe Polomé Albino Prada Pere Riera José Manuel Lima e Santos Manuel María Varela Lafuente María Xosé Vázquez Rodríguez |
Limiar |
Albino Prada María Xosé Vázquez Rodríguez |
Presentación |
José Carlos del Álamo Giménez Francisco Díaz-Fierros Viqueira |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, 2001 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 392 p. : gráf., mapas col. ; 24 cm. |
Notas | Textos en galego, portugués e inglés |
ISBN | 84-95415-33-X |
Depósito Legal | VG 566-2001 |
CCG. Signatura | CCG 2001 199 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |