O programa «Poetas itinerantes» chega a Galicia, desta volta para poñer en diálogo voces que falan éuscaro e galego, dando así continuidade a un proxecto de amplo alento promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramon Llull e o Consello da Cultura Galega.
Nesta primavera de 2016 acollemos en Compostela a Miren Agur Meabe, Leire Bilbao e Felipe Juaristi, que dialogarán a través dos seus versos con Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas; por volta do verán, serán as voces galegas as que se poidan escoitar —en galego— en Euskadi. Damos así continuidade a un programa iniciado en Barcelona, en maio de 2015, cun primeiro encontro entre a poesía catalá e a vasca: a partir de aí, unha rolda de encontros sucesivos (en Galicia, Catalunya e Euskadi) irá estreitando os vencellos entre as tres culturas, coa poesía como aliada na construción dun espazo común e diverso no que existirmos e dende o que falar coas nosas propias voces. Esta publicación quere ser logo unha ponte máis pola que transitarmos cara a ese futuro intercultural e multilingüe.
Título Poetas itinerantes
= Poeta ibiltariak
Textos Anxo Angueira
Leire Bilbao
Gonzalo Hermo González
Felipe Juaristi
Miren Agur Meabe
Manuel Rivas
Dores Tembrás
Tradución Íñigo Roque
Isaac Xubín
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016
Edición 1ª edición
Descrición física 50 p. (Edición dixital)
Notas Textos en galego e éuscaro. O recital Poetas itinerantes – Poeta ibiltariak tivo lugar o 16 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela
DOI 10.17075/pipi.2016
Evento Recital. Poetas itinerantes
Poetas itinerantes : Poeta ibiltariak. Encontro de poesía vasca e galega. Donostia
26/10/2016. Instituto Vasco Etxepare. Donostia Recital. Poetas itinerantes
Poetas itinerantes : Poeta ibiltariak. Encontro de poesía vasca e galega. Santiago
16/6/2016. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
Materias
Áreas
Código QR